Ponte de Francos
A chamada Ponte Romana de Francos está na parroquia de San Xoán de Calo (Brión),foi construída no medievo a pesar de chamarse romana. Está localizada no camino que unía Iria Flavia con Santiago de Compostela. Tamén se coñece co nome de Pontella de Bastavales ou Ponte dos Mouros. Comunica os concellos de Brión e Teo salvando o río Angueira ou río Tinto.