A Ponte Vella
A Ponte do Río Sieira (A Ponte Vella) atópase no concello de Porto do Son, na parroquia de Xuño, forma parte do antigo Camiño Real. Segue en pé sobre o río Sieira, que nace na Serra do Barbanza e leva as súas augas moi cerca da coñecida como praia das Furnas . É unha ponte de orixe medieval en forma de arco.