Estaca de Bares


O faro de Estaca de Bares está na entrada da ría de O Barqueiro. É o faro situado máis ao norte na península e marca a frontera entre o océano Atlántico e o  mar Cantábrico. É o punto máis septentrional da península ibérica. Está enmarcado nunha paisaxe impresionante no que acantilados separan as rías de Ortigueira e O Barqueiro. Constitúe un estupendo observatorio ornitolóxico no se contabilizan unas 280.000 aves migratorias durante o ano, entre as que destacan o alcatraz atlántico e diversas especies como a pardela pichoneta e a pardela cincenta. A temperatura é suave aínda que predominan os ventos do nordés con moita frecuencia.

Neste cabo tamén existen instalacións militares abandonadas, como a dos Gardacostas dos EEUU desde principio dos  anos 60. Nesta zona tamén está a Garita de Bares, moi ben conservada e que servía de vixilancia polo século XVIII.

Aquí atópase o hotel Semáforo de Bares, nunha das zonas costeiras máis virxes da península ibérica. Situado na parroquia de Santa María de Bares, no concello de Mañón. Trátase dunha antiga construción militar. A súa función era, a finais do século XIX, a comunicación cos barcos mediante sinais con bandeiras, posto de observación militar e centro meteorolóxico. Está ubicado moi preto do Cabo e do Faro de Estaca de Bares cunha elevación superior a este de 210 metros sobre o nivel do mar xusto á entrada da ría do Barqueiro. Estivo en uso ata finais da década dos años 1960. Posteriormente e finais dos 90 e principio do século actual foi rehabilitado, converténdose nun coqueto Hotel de Natureza onde se combina a pedra coa madeira en todas as dependencias e a natureza viva en todo o seu contorno e o que acada a vista. Foi inaugurado en 2002.

Máis abaixo está o porto de Bares construído sobre un peirao do século VII a C da época fenicia.


Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies