Punta Nariga
Faro de Punta Nariga
Está situado en Barizo (Malpica). É o faro máis moderno da Costa da Morte, xa que entrou en funcionamento, unha rematado, no ano 1998.
Creación do arquitecto César Portela, ten unha altura de 50 metros e a lanterna acada unha lonxitude de 20 millas.
Simula a forma dun barco, coa base triangular, que reproduce a proa do mesmo; enriba está a ponte de mando configurada polo propio faro que conforma o mastro. Na proa está un atlante (Estatua con figura de home que se usa como columna e sostén sobre a cabeza ou os ombreiros a parte baixa dunha cornixa ou outro elemento do edificio), obra do escultor Manuel Coia realizada en bronce.