Neve no Cebreiro
A historia de Pedrafita do Cebreiro atópase fortemente influenciada pola súa relevancia co Camiño de Santiago. A súa función de paso marcou a historia desta localidade desde que formou parte de vías romanas: a vía que ía a Triacastela e que conducía ao interior de Galicia, que sería despois do Camiño de Santiago e do Camiño Real, para constituirse finalmente coma a primeira estrada moderna de acceso á meseta no século XIX. Pedrafita do Cebreiro constitúe a entrada en Galicia do Camiño Francés. Isto unido ao milagre do Santo Grial que ocorreu no Cebreiro, converten a esta localidade nun lugar de peregrinaxe desde hai séculos.
Temos que remontarnos a tempos anteriores aos romanos para empezar a falar da historia desta localidade. As pallozas eran as vivendas tradicionais dos asentamentos prerrománicos, hoxe convertidas en reclamo turístico xa que son utilizadas como museo etnográfico e/ou refuxio de peregrinos.
O Santuario é o referente histórico deste municipio, dada a súa importancia no Camiño Xacobeo e o milagre ocorrido. A lenda esténdese por toda Europa e o santuario obtén diversas bulas papais e privilexios reais.
En 1946 os Reis Católicos, de peregrinaxe a Santiago, detivéronse no mosteiro e donaron o relicario onde se gardan as reliquias do milagre. O antigo cáliz románico do mosteiro figura no escudo de Galicia.
O Cebreiro tivo unha extraordinaria importancia na loita contra os franceses, dada a súa posición estratéxica de paso entre Castela e Galicia.
O conxunto monumental de O Cebreiro está encabezado pola igrexa de Santa María a Real, da que as oríxes remóntanse ao século IX. O seu estado actual é froito dunha restauración efectuada en 1962, xa que a igrexa estivo abandonada desde a desamortización. O templo ten tres naves separadas por grosos piares e remata nunha triple cabecera. Chama a atención a escaseza de ventás nos muros, debido ás condiciones climáticas. no seu interior conserva, unha imaxe románica sedente da Virxe de O Cebreiro do século XII, un crucifixo dese msmo século, e unha pila bautismal coetánea á igrexa, pero sen dúbida o obxecto más venerado é o cáliz do S. XII.
Ademais dos anteriores atractivos turísticos tamén cabe destacar a súa importancia por ser un dos lugares de Galicia onde se pode ver e desfrutar de neve durante o inverno. É moi fácil chegar pola autovía A-6 para logo perderse por este lugar tan maravilloso, con tanta historia pasada, presente e futura.