MARZO_2016
REFRÁNS
“Marzo airoso e abril chuvioso sacan o maio florido e fermoso”
“O que queira bo cabazo que o semente en marzo”
“Cando marzo maiea, maio marcea.”
“Marzo, marzán,
pola mañán cara de rosa, pola tarde cara de can”.
“O que en marzo non poda a súa viña, perde a vendima.”
“Se marzo acabou e o cuco non chegou, algo ó cuco lle pasou.”
“Marzo ben feito, patacas a eito.”
“Entre marzo e abril, sae o cuco do cubil”.