MAIO_16


MES DE MAIO.-

Os romanos chamábanlle  maius, o nome parece que provén da deusa romana Maia ( nai de Mercurio). Por representar o triunfo da vexetación leva o sobrenome de mes das flores; tamén ten o nome relixioso de mes de María.

“En maio aínda a vella queima o tallo ( ou o saio)”

” Nin en maio son máis horas que o traballo”

“En maio, sae o polbo do ramaio”

” Ben veñas maio, o mellor mes de todo o ano”

“O mes de maio, pasa coma un raio”

“Ata o corenta de maio, non te quites o saio”

” Are que arou que xa maio entrou”


Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies