XULLO_16
REFRÁNS DO MES DE XULLO.-
Xullo é o sétimo mes do ano. O nome outorgoullo unha orde de Marco Antonio no ano 44 a. de C. para honrar a memoria de Xulio César. O día 25 celébrase a festividade de Santiago, polo que tamén se coñece co nome de “Mes da Sega” ou de Santiago. O día do Apóstolo tamén se celebra o Día de Galicia
“Por Santa Mariña pinga a sardiña”
“Nos meses sen erre, marisco non comas nin marisco merques”
“Se chove por Santa Ana ( día 26), chove un mes e unha semana”
“O que non aproveita xullo para se bañar, é que ten medo do río e do mar”,
“En Santiago arden os montes e secan as fontes”
“Se en xullo non vén treboada, haberá mala anada”