Viveiro


Viveiro é un municipio situado ao norte da provincia de Lugo dentro da denominada comarca da Mariña Occidental.

Aínda que abundantes depósitos arqueolóxicos e testemuños históricos falan de importancia que acadaron os asentamentos celtas e romanos, non sería ata os séculos XII e XIII cando se configura propiamente a vila de Viveiro.

O desenvolvemento económico destacou polo carácter gremial dalgunha das súas rúas como a da Plilitaria ou da Zapatería.

Quedan restos do antigo circundo amurallado, pero só quedan en pé a Porta de Carlos V, o convento de Valdeflores, a igrexa de San Pedro e a igrexa de San Francisco.

A localidade de Covas está ubicada no termo municipal de Viveiro, sendo unha das doce parroquias que o integran. As praias de Covas e Viveiro están separada só por uns cantís chamados Os Castelos. Moi preto, seguindo a costa, está o embarcadoiro da Insua.

Conta tamén Viveiro con espazos naturais dignos de visitar entre os que destacan o Pozo da Ferida e O Avó (un eucalipto de 67 metros de altura e 10,e metros de perímetro que foi plantado no século XIX.


Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies