Semana Santa (Viveiro)


Semana Santa (Viveiro)

Declarada de Interese Turístico Nacional está considerada como unha das mellores de Galicia pola riqueza das súas imaxes.

Poucas localidades galegas viven con tanto fervor a Semana Santa como Viveiro. Ao longo do tempo soubo manter esta celebración con todo o seu esplandor.

Decenas de miles de persoas acoden cada ano a este lugar ás numerosas  procesións que percorren as estreitas rúas da cidade do Landro, ademais de admirar todas as imaxes que se expoñen todas xuntas nun recinto antes de saíren en  procesión.

A súa principal seña de indentidade, á marxe da riqueza e variedade das imaxes, é o feito indiscutible de que poucos son os habitantes desta poboación que dalgunha maneira non participe activamente nas quince procesións que desfilan polas rúas, organizadas polas irmandades (oito) que compoñen a Xunta de Confrarías.

 


Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies