ROMA


Roma, fundada hai máis de 2.700 anos, é unha das cidades máis antigas do mundo. Tan larga historia traduciuse nunha abrumadora acumulación de tesouros artísticos, únicos no mundo, que atraen desde hai séculos a millóns de visitantes de todos os recunchos do planeta, unido a que, como berce da cristiandade, é unha meta principal de peregrinos.

A Città Eterna é inabarcable, de feito a frase que mellor a define é “Roma, non basta una vita”, título dun libro escrito polo periodista Silvio Negro. Efectivamente non basta unha vida para coñecela e as habituais présas por cumprir o maior número de puntos do itinerario “clásico”, impiden desfrutar dun sinfín de posibilidades distintas.

Roma é ademais unha capital cunha intensa vidad cultural, que brinda tantísimas propostas de ocio a cidadáns e visitantes.


Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies