Praia de Seaia
Praia de Seaia
A praia de Seaia (Malpica) é unha das praias con formacións dunares. Nos arredores hai unhas mesas de pedra con grellas para o uso e desfrute dos usuarios.
Está situada no tramo que une o núcleo de Malpica e a capela de San Hadrián, camiño polo que discorre a procesión nos meses de xuño.
Ten forma de enseada. Posúe unha area moi fina, cunha ondada moderada. É apropiada para a práctica do surf e pesca deportiva. Conta con boas vistas cara ás illas Sisargas.
A súa extensión é de 250 metros por 30 de ancho. O nivel de ocupación é medio e presenta unha ondase moderada.