
Praia de Beo
Praia de Beo
A praia de Beo (Malpica) conta cunha área de descanso para comer equipada con mesas e cadeiras de pedra.
Ademais de area fina conta con innumerables rochas, sobre todo visibles cando a marea está baixa e deixa cruzar a praia cara unha minúscula fervenza que está ao outro lado da mesma, preto dun río de lavar.
Ten unha lonxitude aproximada de 300 metros e 70 de ancho.
A ondaxe é moderada durante todo o ano.