O Bosque do Añón
O Bosque do Añón é un espazo natural moi cerca de Carballo. Avexetación de riberia mestúrase cos carballos, dando sombra aos verdes prados, sendo un dos lugares máis frecuentados polos carballeses, cando a praia non era un espazo de lecer. Nas tardes de verán as carballesas e carballeses acudían ao Bosque do Añón para gozar da natureza e mergullarse no río. Este lugar acolle cada ano a tradicional e concorrida romaría que se celebra como colofón das festas de San Xoán. O núcleo urbano conta ademais con dúas importantes zonas verdes bañadas polo río Anllóns: os parques do Anllóns e de San Martiño.