
Novembro_Decembro_2015
Antes de San Martiño, pan e viño; despois de San Martiño, fame e frío.
Bendito mes, que empeza con Santos e acaba con San Andrés.
No San Martiño remonta cada día un ferradiño
O Verán de San Martiño pode ser grande ou pequeniño
Polo San Andrés, o mosto viño é.
Santiago manda o pan, San Migueliño manda o viño, San Francisco manda a landre e San Andrés o touciño.
Nadal choivoso, xaneiro ventoso.
Nadal mollado e xaneiro ben xeado.