Mosteiro de Carracedo


As orixes do mosteiro de Carracedo, situado no Bierzo (León), remóntase aos anos 900, cando rei Bermudo II dona unha finca para acoller aos monxes que fuxían das incursións de Almanzor. Aquel primitivo mosteiro, chamado San Salvador, do que non se conserva resto algún, foi restaurado no ano 1138 pola infanta dona Sancha, irmá do rei Alfonso VII, cedéndoo ao abade Florencio e aos monxes do cercano cenobio de Santa Marina de Valverde, en Corullón. Deste modo renace Carracedo, convirtíndose en cabeza dunha congregación con numerosas filiais en León, Galicia, Asturias e Zamora. Cara o ano 1203 esta congregación ingresará na orde francesa do Císter, cambiando os seus antigos hábitos benedictinos polos blancos cistercienses e trocando o anterior nome de San Salvador polo de Santa María de Carracedo.


Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies