MAIO_16
MES DE MAIO.-
Os romanos chamábanlle maius, o nome parece que provén da deusa romana Maia ( nai de Mercurio). Por representar o triunfo da vexetación leva o sobrenome de mes das flores; tamén ten o nome relixioso de mes de María.
“En maio aínda a vella queima o tallo ( ou o saio)”
” Nin en maio son máis horas que o traballo”
“En maio, sae o polbo do ramaio”
” Ben veñas maio, o mellor mes de todo o ano”
“O mes de maio, pasa coma un raio”
“Ata o corenta de maio, non te quites o saio”
” Are que arou que xa maio entrou”