Garita de Bares
GARITA de Bares (lightpainting)
Sobre o alto de Maeda atópase unha pequena garita de vixilancia similar ás da Vela en Espasante ou Herbeira en Cariño, desde ela contémplase toda a costa de Estaca de Bares. O Facho da Meda, nun promontorio a 330 m sobre o mar, tamén coñecido como Mirador da Garita. Magnífica atalaia sobre todo o entorno que nos rodea.
Estaca de Bares adentrándose no mar, é o faro máis septentrional de España. Sobre outro promontorio tamén distinguimos o hotel, o Semáforo de Bares. O Cabo Ortegal rivaliza en desafío, tamén penetrando no océano. A ría de Ortigueira ten moita sorte de ter Estaca de Bares e Cabo Ortegal en cada un dos seus extremos. Cara o outro lado, o panorama non ten nada que envidiar: a ría de O Barqueiro, a costa de O Vicedo, a Illa Coelleira, e o Cabo de Punta Roncadoira.
Pero, que é o lightpainting? Englobado nunha subdisciplina da fotografía nocturna, trátase dunha técnica de larga exposición na que para iluminar e colorear unha escena úsanse diferentes ferramentas que emiten luz: desde lanternas de diferentes intensidades e temperaturas de color (LED para obter luz fría, por exemplo, ou tungsteno e xenón para xogar con luces cálidas) ata flashes, pasando por láseres, pirotecnia, fontes de luz RGB, fíos luminosos, caixas de luz, pantallas de móbiles… En fin, calquera artiluxio -incluso de elaboración caseira- que emita luz pode servirnos para crear multitude de efectos.