Ponte Maceira

Ponte Maceira está situada na parroquia de Portor, concello de Negreira. É un conxunto monumental formado por varios muíños, presa, capela, pazo moderno, casas e a gran ponte, construída sobre o río Tambre alá polo século XIII, aproveitando os piares doutra romana anterior. Consta de cinco arcos e dous máis pequenos.

Era paso obrigado no camiño marítimo de Santiago con Fisterra. Existen numerosas lendas relacionadas coa tradición xacobea. Parece ser que foi escenario dalgunha das batallas libradas entre os habitantes das terras de Santiago cos da zona do río Tambre, considerando este como medio natural fronterizo.

Hai peregrinos que optan por continuar o camino ata Fisterra; outros chegan polo camino marítimo cara Santiago e atópanse con este marabilloso enclave natural.

Un pouco máis abaixo, máis menos cincocentos metros, atópase unha segunda ponte máis nova e outra terceira  construída recentemente para absorver o tráfico rodado pola variante de Negreira.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies