Noite nas Médulas


A beleza deste lugar son pequenos outeiros vermellos cheos de verde da vexetación, cun incrible xogo de luz. Están formados tras o corremento de terras que fixeron os romanos para extraer o ouro.

As médulas foron a maior mina a ceo aberto de todo o Imperio e deixáronnos, séculos despois, unha das paisaxes máis inquietante e fermosas de toda a península. Hoxe, esta paraxe cultural, froito da natureza e a acción do home, é Patrimonio da Humanidade desde 1997 e merece que se lle dedique tempo para descubrila e respecto, xa que como toda paraxe cultural, é moi fráxil á acción do home.

Aínda que a explotación iniciada no século I da nosa era durou pouco máis de cen anos, a magnitude do impacto sobre o entorno foi brutal, os movementos de terras e augas cambiaron por completo a paisaxe e a economía da zona orixinando, por exemplo, o lago de Carucedo.

Contemplar as Médulas desde o mirador de Orellán, ben ao amencer ou ao atardecer, deixanos na retina unhas imaxes imposibles de esquecer.

O enorme traballo de enxeñería realizado pola extracción do mineral supuxo unha gran destrución do medio ambiente, pero deu como resultado unha paisaxe grandiosa e espectacular de terras vermellas, perfectamente integrada coa vexetación de castaños e carballos.


Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies