Finca Galea


Finca Galea (concello de Alfoz. Lugo )

É unha paraxe natural cunha extensión de 60.000 metros cadrados de natureza onde se empraza o museo etnográfico da auga.

Unha paraxe natural onde castaños, acacias, cedros e troncos fosilizados, cunha antigüidade de máis de 3.000 anos están en completa sintonía.

O río Ouro dá vida a esta finca facendo funcionar un muíño de auga en perfecto estado e a un batán, dos poucos en funcionamento que se conservan na Costa Cantábrica. A auga sobrante crea unha cascada que dá vida a fontes e ragatos que flúen pola finca ata descansar nun fermoso lago, hábitat ideal para as ras, e que logo a devolve ao leito do río Ouro de novo.

Esta finca foi galardoada no ano 1998 co Premio Medioambiental Europeo polo seu respecto á Natureza.

Está dedicada a turismo rural e a celebración de grandes eventos, como vodas e banquetes.

Moi preto ( a 1 km máis ou menos ) está a Torre Fortaleza do cardeal pardo de Cela, en bo estado de conservación, non en vano foi sede do concello anos atrás. A capitalidade do concello non coincide co nome do mesmo nome xa que reside en Castro de Ouro.


Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies