Acantilados de Loiba


Os acantilados de Loiba son  natureza en estado puro. Uns dos máis importantes de Europa pola súa inmensa beleza. Están situados entre os concellos de Mañón e Ortigueira. A altura, olor a salitre, a algas e a súa bravura son os ingredientes óptimos para preparar unha boa e inmellorable posta de sol naquela zona, contando tamén coa inestimable e confortable estancia dos bancos que se atopan ao longo da mesma, un dos cales está considerado o banco da fin do mundo pola súa situación xeográfica. Grandes penas furadas donde a altura dos acantilados varía entre oe 80 e os 160 metros nas zonas máis altas. Entre as rochas hai fermosos areais que forman impresionantes praias: O Picón, con porto incluído, Sarrifal, Praia Furada, Ribeira Grande, Fábrega, Os Castros, O Coitelo, Gaivoteira xunto cunha infinidade de pequeñas calas. Xa en Espasante está unha das garitas desta costa: Garita da Vela que servía de vixilancia no século XVIII.

Acceder a estas praias no é nada doado, pero merece a pena alomenos visitalas desde os acantilados. Para algunha delas existen unhas baixadas con escaleiras como pode ser a do Picón.


Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies